Volver á páxina principal

PREMIO INTERNACIONAL DE COMPOSICIÓN   
AUDITORIO DE GALICIA 2002   

 

BASES

1.- Ao Premio Internacional de Composición Auditorio de Galicia, de carácter bienal, poderán optar todos os compositores, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten unha soa obra inédita.

2.- A obra presentada deberá adaptarse ao seguinte orgánico orquestral:
2.2.2.2 - 2.2.0.0 - timbal - cordas
aínda que poderá estar aumentada como máximo en 5 instrumentistas extras. Non poderán utilizarse medios electroacústicos, solistas, nin coro.
A composición terá unha duración mínima de 10 minutos.

3.- A dotación do premio será de 12.000 euros en carácter único e indivisíbel.
O Auditorio de Galicia poderá estrear e producir a obra premiada, no prazo de dezaoito meses, sen ningún tipo de compensación económica adicional para o seu autor ou autora. A obra será estreada pola orquestra Real Filharmonía de Galicia.

4.- Da partitura presentaránse 3 exemplares, nos que só aparecerá o título da obra e/ou o lema que utilizará o compositor. À parte, en sobre pechado co lema e o título da obra escritos, especificarase a identidade e datos persoais do autor.

5.- O material enviarase ao Auditorio de Galicia, Avda. Burgo das Nacións s/n, 15705 Santiago de Compostela.
O prazo de presentación de orixinais rematará o 31 de outubro de 2002.

6.- O Auditorio resérvase o dereito a establecer as condicións para a difusión e reprodución, podendo realizar a edición da partitura e gravación en calquer momento.
O autor premiado está obrigado a facilitar o correspondente material escrito para a interpretación, que quedará en poder do Auditorio de Galicia.
Os dereitos de propiedade quedarán en poder do autor, que fará constar en todos os programas e cada vez que se interprete a obra o texto: Premio Auditorio de Galicia de Composición 2002

7.- A composición do xurado, que se constituirá por persoas de recoñecido prestixio, farase pública con anterioridade á súa reunión, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.

8.- O xurado actuará en pleno, en sesión única.
As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
O xurado poderá declarar deserto o premio.
A decisión do xurado terá lugar no mes de decembro de 2002 e darase a coñecer aos medios de comunicación.
O sobre da obra gañadora poderá ser aberto polo secretario do xurado para dar a coñecer o nome do finalista.

9.- As obras non premiadas serán devoltas aos seus autores, despois da solicitude por escrito, presentada no prazo dun mes, desde o día seguinte ao da decisión do xurado, e na que acredite a propiedade da obra. Transcorrido este prazo, os orixinais non reclamados serán destruídos.

10.- A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.