Volver á páxina principal

III PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA XOVES  
ARTISTAS 2003
  

 

BASES DO CONCURSO

1.- Poderán participar todos os artistas nados ou residentes en Galicia, menores de corenta anos o 31 de decembro de 2003.

2.- Cada artista poderá participar cunha soa obra realizada en calquer tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, instalación…). As obras deben ser inéditas, non podendo ter sido presentadas a ningún otro concurso nin ter sido expostas en ningún caso.

3.- As medidas das obras non poderán ser inferiores aos 80 cm. nin superiores aos 250 cm por calquera dos seus lados. As esculturas non poderán exceder os 100 kg. de peso.

4.- Os artistas deben enviar antes do día 12 de setembro de 2003:

  • Fotocopia do DNI.
  • Declaración de residencia (só en caso de que no DNI figure un lugar de nacemento ou enderezo de fora de Galicia)
  • Fotografía persoal para o catálogo
  • Enderezo e teléfonos de contacto
  • Fotografías da obra que se presenta
  • Ficha técnica completa da obra
  • Curriculum ou dossier artístico con fotografías de outras obras
  • Valoración económica da obra a efectos de seguro
  • Só se debe envíar a obra acompañando a documentación en caso de que se trate dun video.

Non se aceptará a documentación recibida con posterioridade a esa data.

5.- Unha vez recibida a documentación, o xurado fará unha preselección e o Auditorio de Galicia porase en contacto cos artistas seleccionados para lles indicar o período indicado para a recepción das obras, que non serán aceptadas nin antes nin despois desa data. O transporte das obras de ida e volta correrá a cargo dos artistas que as poderán enviar por calquer medio de transporte ou persoándose a depositalas no Auditorio de Galicia.

6.- En ningún caso se aceptarán obras en mal estado ou que non ofrezan todos os elementos necesarios para a súa correcta exposición. O Auditorio de Galicia emitirá unha póliza de seguro que cubrirá as obras durante a súa estancia no Auditorio, non facéndose responsábel dos posíbeis riscos durante o transporte.

7.- As obras seleccionadas serán obxecto dunha exposición que se inaugurará no mes de novembro. En caso de instalacións, os artistas estarán obrigados a asistir á montaxe da súa obra se o Auditorio de Galicia o requerise, nunha data a acordar entre ambos.
Será na inauguración desta mostra cando o xurado outorgará os premios.

8.- O xurado estará composto por:

- Don David Barro, crítico de arte e comisario de exposicións
- Don Isaac Díaz Pardo, artista e empresario
- Don Miguel Fernández Cid, director do Centro Galego de Arte Contemporánea
- Don Pepe Galán, artista e membro da Asociación de Artistas Plásticos Galegos
- Dona Rocío Santa Cruz, editora e comisaria de exposicións

- Presidente do Consello Directivo do Auditorio de Galicia ou persoa en que delegue como Presidente deste xurado
- Director-Xerente do Auditorio de Galicia ou persona en quen delegue, que actuará como Secretario deste xurado

O Auditorio de Galicia resérvase o dereito de substituír algún dos membros do xurado en caso de que algún deles non puidese asistir ás deliberacións.

9.- Os premios serán os seguintes:

- Un primeiro premio dotado con 6.000 EUROS.
- Catro accesits dotados con 1.200 EUROS cada un.
- Establecerase tamén un premio do público, resultado da votación dos asistentes á mostra dotado con 1.200 EUROS.

10.- A decisión do xurado será tomada por maioría absoluta e é inapelábel.

11.- Os artistas seleccionados autorizarán a citación do seu nome así como a reprodución gráfica da súa obra para calquer tipo de difusión ou publicación que o Auditorio de Galicia estime oportuno facer dela.

12.- A participación neste certame implica a total aceptación das súas bases.
A organización resérvase o dereito de facer modificacións ou tomar iniciativas non reguladas nas presentes bases, sempre que supoñan melloras que afecten directamente ao éxito do certame.
A interpretación das bases é cometido exclusivo dos membros do Xurado.


Para máis información, nos teléfonos 981 574153/981 552290 ou no seguinte enderezo electrónico: exposicions@auditoriodegalicia.org

Envío de documentación a:

Auditorio de Galicia

Avda. Burgo das Nacións s/n
15705 Santiago de Compostela
http://www.auditoriodegalicia.org