|
O
Auditorio de Galicia inaugurouse o 20 de outubro de 1989
coa vontade de consolidar a oferta cultural da capital de Galicia.
Encuadrado dentro do Programa Nacional de Auditorios, foi posible
gracias á intervención conxunta do Ministerio de Cultura,
a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. A eficaz colaboración
entre Administracións e un conxunto de institucións
privadas facilitan os medios económicos indispensables para
facer do Auditoro o centro por excelencia para a recepción
das manifestacións culturais que a cidade xera, e así
mesmo converteuse en punto de referencia obrigada para a cultura
musical e artística de Galicia.
Este
recinto polivalente cercano á Catedral de Santiago, cun
suxestivo espacio arquitectónico proxecto de Julio Cano
Lasso participa dunha situación intermedia entre o urbano
e o paisaxismo natural, no que se expresa a intención de
exaltar os grandes muros de pedra como valor intemporal da arquitectura
galega, constante en todo o edificio, que se acrecenta co contraste
e brillo das galerías acristaladas, rodeado de amplas zonas
verdes e un lago artificial.
A
sala principal "Ángel Brage", gracias ó
extraordinario deseño acústico de Lothar Cramer,
permitiu desenvolver permanentemente ó longo destes 11
anos unha intensa actividade musical que inclúe ópera,
danza e concertos. Polo escenario desta sala pasaron os mellores
directores, solistas e orquestras do mundo.
Dende o 29 de febreiro de 1996 é a sede permanente da Real
Filharmonía de Galicia, dirixida dende a súa fundación
polo mestre alemán Helmuth Rilling, e o segundo director,
o compostelán Maximino Zumalave. Na temporada 2000/2001
a oquestra afronta unha nova andaina tendo á súa
fronte ó mestre Antoni Ros Marbà.
A
actividade do Auditorio estructúrase en torno a grandes
áreas: Programa de Abono de Música Clásica,
Programa de Exposicións, Ciclo de Concertos Didácticos
para Xóvenes, Clases Maxistrais e cursos de formación
de profesionais da música.
FICHA
TECNICA
|
Data
de apertura:
|
20
de outubro de 1989 |
Salas
de concertos: |
"Ángel
Brage" (1.002 butacas sala. 24 butacas palco)
"W. A. Mozart" (260 butacas) |
Sala
de Exposicións: |
"Isaac
Díaz Pardo" (1.000 m2) |
Outras
dotacións: |
Sala
circular (conferencias e roldas de prensa), 4 salas de estudio,
8 camerinos individuais, 6 camerinos colectivos, aparcadoiro,
cafetería, zonas verdes. |
Dirección:
|
Avda.
Burgo das Nacións s/n 15705
Santiago de Compostela |
Teléfono
Centralita: |
981
55 22 90 |
Teléfonos
Administrativos: |
981
57 41 52 / 981 57 41 53 |
Fax:
|
981
57 42 50 / 981 57 22 92 |
Venda
telefónica de localidades: |
981
57 10 26 / 981 57 39 79 |
Información
sobre programación: |
http:
//www.auditoriodegalicia.org
e-mail: info@auditoriodegalicia.org |
|